Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Volve a Festa ó Emigrante de Pol o día 24

Por 23 Agosto, 2022Agosto 24th, 2022Sin comentarios

Pol celebrará este mércores a súa tradicional Festa ó Emigrante cos veciños e visitantes, que se darán cita na carballeira de Mosteiro para desfrutar do xantar.

O Concello instalará unha carpa con capacidade para 1.800 persoas, para xantar no seu interior e gozar do ambiente festivo que haberá na carballeira. Ademais, os grupos tamén participan coas merendas no exterior da carpa e de feito, contarán tamén con diferentes postos de comida.

Nesta edición, a xornada dará comezo ás 11:45 haberá unha actuación na Carballeira de Mosteiro a cargo dun grupo de música tradicional. Acto seguido haberá pasarrúas a cargo da Tuna de Veteranos da Coruña. Seguirá, ás 13:00, a misa, para dar paso ao pregón, que estará a cargo de Beatriz Corbo Tellado, licenciada en Dereito e xefa de servizo no Ministerio de Xuxtiza. Unha hora máis tarde procederase ao descubrimento da placa conmemorativa do XXXVII Aniversario da Festa ó Emigrante no Concello de Pol.

Ás 14:15 comezará a sesión vermú amenizada pola orquestra Solara e ás 15:00 terá lugar o xantar popular. Pola tarde, a partir das 16.30 horas, haberá xogos infantís e a actuación da charanga Louband. A música continuará pola noite, a partir das 23:00, coa verbena, que estará amenizada polas orquestras La Formula e Solara.

Segundo explica o alcalde, Lino Rodríguez Ónega, na vila xa se ven moitos emigrantes “que agora son máis ben os fillos e netos dos que marcharon nas décadas dos 50, 60 e 70, aos que dedicamos principalmente esta celebración todos os anos”.