Skip to main content
Portomarín

Os socialistas de Portomarín demandan o adecentamento dos espazos verdes e a limpeza das rúas da vila

Por 10 Agosto, 2022Sin comentarios

Os socialistas de Portomarín denuncian “Moita maleza, falta de mantemento e de limpeza, abandono dos espazos verdes e das areas recreativas, esta é a situación que están atopando nas rúas da nosa vila á veciñanza, os turistas e peregrinos que nos visitan durante esta época estival”.

A Voceira, Silvia Rodríguez lembra que presentou varias iniciativas no Pleno, para que “o Concello adopte as medidas necesarias e precisas para a limpeza das rúas, nas que se inclúen traballos de mantemento dos espazos verdes municipais. Pero lamentablemente, comprobamos que o Alcalde e o seu Goberno non fixeron absolutamente nada por mellorar o adecentacemento dos espazos públicos municipais”, incidiu.

Nesa liña reclaman ao Goberno do PP “elaborar un plan de limpeza da rede viaria e dos espacios verdes e das áreas recreativas da nosa vila como a piscina municipal, no que se inclúa tamén un plan de roza das nosas parroquias. Non podemos entender, como ano tras ano, temos que denunciar a mesma situación de abandono que vive o Concello pola incompetencia política do PP”, replicou a Voceira Socialista.

“As veciñas e veciños de Portomarín pagan impostos para ter uns servicios municipais mínimos, nos que se inclúe a limpeza das rúas e dos espazos públicos. Por iso pedimos ao Goberno do PP que se poña a traballar para mellorar esta situación na que se atopa á nosa vila. A veciñanza pide explicacións ante esta desastrosa xestión e solucións”, insisten dende o PSdeG.