Skip to main content
Axenda CaducadaPortomarín

Recelle celebra esta fin de semana as súas festas

Por 19 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

A parroquia de Recelle, en Portomarín, comeza mañá sábado 20 de agosto as súas festas na honra de San Andrés. As celebracións comezarán o día 20 ás 13.00 con unha misa e procesión para continuar con unha sesión vermú a cargo da orquestra La Kalle. Pola noite a verbena correrá tamén a cargo de orquestra La Kalle e Dj Francis.

O domingo 21 de agosto a misa e procesión terán lugar ás 13.30 coa agrupación cultural Rio Miño. A sesión vermú e a verbena estarán amenizados polo Trío Armonía.

O luns 22 de agosto a sesión vermú comezará ás 13.30 a cargo da orquestra Escaparate. Pola tarde haberá campionato de tute a partir das 16.30 no campo da festa e a partir das 17.30 festa infantil gratuíta e máster class de zumba. Para rematar as festas terá lugar unha churrascada ás 22.00 e a verbena a cargo da orquestra escaparate.