Skip to main content
Sober

Sober celebra a XXV edición da Feira da Rosca e outros produtos típicos da Ribeira Sacra

Por 10 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

Chega un ano máis ao municipio de Sober, outra edición da súa típica Feira da Rosca e outros produtos típicos da Ribeira Sacra, que terá lugar maña e pasado.

O programa de actos desta edición do 2022 comezará maña xoves día 11 ás 20.30 horas co acto Falando a Música, da man de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez e patrocinado pola secretaria xeral de Política Lingüística.

Xa o venres día 12, os asistentes poderán desfrutar dende as 10.00 horas de disparos de bombas de palenque, ás 10.15 horas terá lugar a apertura dos stands, ás 11.00 horas haberá unha demostración de cestería tradicional patrocinada por Centrad da Deputación Provincial de Lugo, ás 11.30 horas actuará o grupo de música tradicional O Ventosiño (patrocina a área de Cultura da Deputación de Lugo) e ás 13.00 haberá degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo (olabora Queixos Prado).

Participarán un total de 16 postos nos que terán cabida 3 rosqueiros, 2 oleiros de Gundivos, 3 postos de mel, 4 postos de queixo, 2 artesáns, a libraría da Proencia e Cachenas de Pantón.

O xoves 11 de 17.00 a 20.30 horas e o venres de 11.00 a 15.00 horas, terá lugar tamén a inauguración do IV Túnel do Viño de Amandi no que participarán 30 adegas da subzona de Amandi con 60 referencias de viños. Organiza o evento o concello de Sober e Vinosacra, en colaboración coa consellería do Medio Rural e Torre de Nuñez.