Skip to main content
Monforte

O alcalde de Monforte resalta a boa acollida desta edición da mostra Artelemos

Por 10 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

O alcalde do concello de Monforte, José Tomé Roca, visitou a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022, logo de cinco días de exitosa actividade.

O rexedor monfortino, estivo acompañado na súa visita pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada.

Tras visitar os 23 stands que formaron parte da mostra, o Alcalde recolleu as valoracións dos artesáns participantes na mesma “e todos eles nos comentaron de que lles foi moi ben nos días de duración do certame e que levaron a cabo numerosas ventas”.

“As estimacións que facemos dende o Concello, e tras o que nos comentan os artesáns participantes, é que superamos as cifras da edición de 2019, tanto en número de público asistente como de ventas acadadas”, resalta o Alcalde. Neste senso, o incremento estes días no número de turistas e de visitantes á cidade, contribúe á mellora dos datos acadados, con respecto a edicións anteriores.

Nesta edición de Artelemos participaron 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia, como Vigo, Ourense ou Noia, e incluso de España, como Murcia.

Os obradoiros dirixidos a nenos e nenas, tamén resultaron ser todo un éxito, pois en todas as xornadas superáronse o número de prazas ofertadas para os mesmos.

Finalmente, as mostras de oficios e demostracións en vivo de diferentes produtos artesanais, a cargo de artesáns contaron cunha alta participación e foron moi ben valoradas polo público asistente.

“Boa mostra do éxito de Artelemos, logo de dous anos de ausencia, é que moitos dos artesáns xa se comprometeron a participar na vindeira edición de 2023”, conclue o alcalde.

O Concello destinou un orzamento de arredor de 12.000 euros para a organización e celebración desta mostra.