Skip to main content
Folgoso do Courel

Os días 20 e 21 de agosto celebrarase a cuarta edición dos Quilómetros Verticais Cumes do Courel

Por 13 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

Os días 20 e 21 de agosto celebrarase a 4ª edición dos Quilómetros Verticais Cumes do Courel organizada polo concello do municipio e Montouto Club de Montaña.

A proba inclúe unha gran novidade para este ano: o Quilómetro Vertical Formigueiros do sábado día 20 ás 16.00 horas será por primeira vez Campionato Galego Individual e por Clubs de Carreiras Verticais da F.G.M. (Federación Galega de Montañismo).

O sábado 20 ás 16:¡.00 horas farán a saída os participantes do QV Formigueiros (3.9 km e 950 de desnivel positivo) e ás 21.30 horas volverán colocarse na liña de saída para o QV Coto (2 km e 500 de desnivel positivo).

Como colofón final á fin de semana, o domingo 21 ás 10.00 horas QV Penaboa (4.6 km e 960 de desnivel positivo).

As probas disputaranse en Moreda e Ferreirós de Abaixo no concello Folgoso do Courel, Xeoparque  Montañas do Courel.

Con 110 rexistrados de diferentes puntos de España e coa presenza dos mellores especialistas en carreiras verticais de Galicia, María Ferreiro e Borja Varela tentarán revalidar a súa vitoria do ano anterior.

A  primeira e o primeiro clasificado con licenza FGM do ano en curso do QV Formigueiros farase co título de Campión Galego de Carreira Vertical. Os Clubs con federados en FGM poderán disputar o título de Campionato Galego de Carreira Vertical de Clubs.

Como parte dos eventos da fin de semana, a organización ofrécenos tres rutas de sendeirismo con saídas o sábado ás 15.00 horas e ás 20.30 horas e o domingo ás 09.00 horas. Todas elas serán guiadas e de dificultade alta.

As inscricións permanecerán abertas ata maña domingo día 14 e pódese consultar toda a información e horarios na web https://quirogatrail.es/