O Concello de Bóveda vén de dar traslado á Garda Civil dun acto de vandalismo no cemiterio parroquial onde apareceron desfeitas de diversa consideración ao lado das lápidas, con contedores tirados, sinais e rotura de mobiliario.
Dende o concello de Bóveda, lamentan e censuran enerxicamente este manifestacións vandálicas no camposanto e agradecen a colaboración cidadá para que este tipo de feitos non se volvan producir.
