Skip to main content
Chantada

Chantada levará a cabo en setembro cursos formativos en gandería rexenerativa

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

Da man do Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), o concello de Chantada poderá desfrutar os días 6, 7  e 8 de setembro de formación en gandería rexenerativa coa participación do experto agroecólogo e labrego Antonio Tucci.

Os cursos, para os que aínda quedan prazas dispoñibles, desenvolveranse no local do Sindicato Labrego Galego en Chantada, situado na rúa Emilia Pardo Bazán número 11.

Combinarán parte teórica e parte práctica e terán lugar o martes 6 e o mércores 7 de setembro de 11.00 a 14.30 horas e de 15.30 a 18.00 horas con visitas prácticas, e o xoves 8 de setembro de 11.00 a 15.00 horas.

A gandería rexenerativa é un sistema de produción agroforestal articulado coas dinámicas da natureza que mediante prácticas de manexo, incrementa a produtividade e reduce os custos de produción.

Poderán acceder a esta formación persoas laboralmente activas (empregadas, autónomas e demandantes de emprego) pero non as que pertenzan a administracións públicas.

Para todo aquel que queira anotarse, pode facelo no teléfono 982 440 804 ou a través do correo electrónico chantada@sindicatolabrego.com