Skip to main content
Chantada

O Folión de Carros de Chantada convértese en mostra da etnografía popular

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

Maña sábado 27 de agosto, o concello de Chantada acollerá un ano máis a celebración do tradicional Folión de Carros. Festa única declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2002 e Ben de Interese Cultural dende o 2018.

O Folión de Carros é unha das celebracións máis esperada polos chantadinos e chantadinas. Cada ano, diferentes grupos constrúen estruturas sobre soportes móbiles (carros tradicionais), cos que invaden a vila durante a noite anterior ao cuarto domingo de agosto, coincidindo coas festas patronais.

O desfile dos carros, que son tirados por vacas e bois, comeza ás 23.00 horas. Precedidos polos grupos de música tradicional que abren o Folión, os carros representan nun ambiente festivo e coma se dunha obra de teatro se tratara, dende oficios tradicionais ata escenas da vida cotiá pasada.

O Folión de Carros é unha expresión da cultura popular destas terras chea de humor, respecto, tradición e nostalxia. Sen dúbida, un espectáculo digno de ver.

AS ORIXES

Non está claro a orixe da festa. Uns din que comeza na Idade Media cando os gremios percorrían a localidade sobre o seu propio carro pero en realidade, o primeiro folión do que se ten constancia data de 1927.

Non se deixou de celebrar ningún ano excepto os da Guerra Civil e a posguerra, restituíndose en 1949.