Skip to main content
Folgoso do Courel

O XXV Filandón de Músicas do Courel terá lugar maña no municipio da Ribeira Sacra

Por 6 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

Este foro declarado de Interese Turístico e Cultural, pretende enxalzar o patrimonio lírico e musical conservado e transmitido polas vellas xeracións. Tanto por antigos cantares, coma por músicos ou poetas que se darán cita maña nunha xornada histórica.

Esta edición celebrarase na honra a María Balboa Santín, Claudio Pombo Pérez, José López Domínguez (Pichel) e José Manuel Pol Herbón.

Comezará ás 19.00 horas nun acto presentado por Lupe Blanco e Kike Estévez (Brindeiros).

No contexto de comezos do século XIX, sucederonse as distintas actuacións a partir dos sons roncos dos cornos celtas que servían para reunir aos veciños con motivos dun interese colectivo.

Hoxe, cando estes cantos deixan de ter vigor, os que formaban parte da vida da xente, xurde o desexo de salvalos do esquecemento e transmitilos ás novas xeracións. Por iso, este filandón nace como documento para a historia das músicas de O Courel e da súa cultura, traducido nas distintas publicacións en música impresa, documentacións fotográficas, audio e vídeo.

O Filandón é o punto de encontro, un referente universal e de atracción para especialistas e profesionais da música étnica que nos visitan dende moitos países diferentes e comparten unha linguaxe común: a música.

O que se busca é honrar a aquelas persoas que transmitiron o saber ao longo dos séculos, recordalas e renderlles tributo nesta homenaxe, especialmente, a tantos que nos acompañaron neste foro e xa non están con nós.

PROGRAMA

  • Escenificación de cantares de égloga operística “Pastora da serra sola”, a cargo de Iria Estévez e GabiReboredo con membros da real banda e Tatiana Kostomarova
  • Participación de artistas populares como cantores, brindeiros, coplas de cego ou gaiteiros.
  • Exposición audiovisual e bibliográfica “Recolleitas de campo”.