Skip to main content
Folgoso do Courel

O cámping do Courel xa ten servizo de internet

Por 11 Agosto, 2022Sin comentarios

O Cámping do Courel xa ten servizo de internet grazas ao despregamento da fibra por parte da empresa A túa xanela.

Tras varios intentos sen éxito algún por parte dunha empresa que lles ofrecera este servizo, agora foi posible grazas a “A túa xanela”, unha empresa con sede en Chantada que achegou o cable de fibra cunha conexión de 100 megas.

O Concello de Folgoso do Courel colaborou con estes traballos encargándose do desbroce da zona pola que discorre o cableado.

O cámping volve estar así conectado e pode ofrecer un servizo de calidade a tódolos seus usuarios.