Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte preocupado pola ampliación das terrazas de cara ás festas patronais

Por 2 Agosto, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Monforte reclama ao goberno local a toma de decisións para a regulación inmediata das terrazas nos espazos públicos da localidade.

A falta de poucos días para que comecen as festas patronais agrávase o problema dos hostaleiros que descoñecen cómo e cando poderán ampliar as súas terrazas e o número de mesas, sobre todo para aqueles negocios que se atopan nas zonas nas que o tráfico se corta durante a celebración das patronais.

A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, non se explica que aínda non se resolvera esta situación: “Agosto é o mes forte da cidade, increméntase a poboación sobre todo nas datas que duran as festas patronais.”

Por outra banda, a portavoz explica os motivos da urxencia nesta regulación: “Nesta época a hostalería chegaba a duplicar o espazo das súas terrazas e a xerar unhas ganancias que lles permitía sobrevivir no duro inverno monfortino”. Por estas razóns, dende o grupo popular creen que o concello debe permitir traballar o máximo posible aos negocios.

Para o grupo municipal popular a falta de previsión e empatía cos veciños é absoluta: “É unha torpeza por parte do concello, pois xera impostos con este tipo de actividades e nesta época, canto máis traballen na hostalería mellor para todos” aclara Katy Varela.

Outro dos aspectos que subliña a portavoz popular é a mala xestión e a incompetencia do goberno local: “Tomé pensa pouco no sector produtivo da cidade a pesar da súa dilatada experiencia como político. Parece que non sabe como funciona realmente a economía local e o importante que é para Monforte atender as necesidades do sector empresarial nestas datas”.