Skip to main content
Monforte

Desfruta do filme Valentina maña xoves ás 21:30 horas na praza Campo de San Antonio de Monforte

Por 3 Agosto, 2022Sin comentarios

Maña xoves 4 xullo a partir das 21:30 horas terá lugar na praza Campo de San Antonio de Monforte, proxectarase a película  Valentina, que foi  galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022.

O Concello de Monforte colabora activamente cos emprendedores que participan no programa “El Camino Creativo-Xacobeo 2022 Emprende!”, a segunda edición dunha iniciativa impulsada dende a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España (Recitcrea) e da que o concello é membro.

Deste xeito, na edición deste ano o concello acolleu dúas actividades a principios do mes de xullo, dirixidas especialmente aos emprendedores que están a participar neste Camiño Creativo, que deu comezo o pasado 7 de xullo, e que tamén están abertas á participación da cidadanía en xeral.

Unha destas actividades, que consistía nunha sesión de cine verán ao aire libre, non se puido celebrar o 14 de xullo debido a unha tormenta. Así que maña xoves 4 xullo a partir das 21:30 horas terá lugar na praza Campo de San Antonio do concello de Monforte.

En concreto, este cine de verán incluirá o seguinte programa:

21:30 horas – Presentación da película pola súa directora, Chelo Loureiro.

21:45 horas – Proxección do corto “La Chica de la Ventana”, dirixido por Javier Saco e gravado en Monforte, especialmente nos Escolapios e na Ribeira Sacra.

22:00 horas – Proxección de Valentina.

23:10 horas – Coloquio aberto con Chelo Loureiro.