Skip to main content
Monforte

A Gala Máxica Galega chega hoxe a Monforte para sorprender cos seus trucos a tódolos asistentes

Por 7 Agosto, 2022Agosto 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Monforte acolle hoxe domingo 7 de agosto, dentro da súa programación do Verán Cultural organizada polo equipo de Goberno, a Gala Máxica Galega que terá lugar na praza de España a partir das 22.30 horas.

Trátase dun espectáculo de maxia dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto que está protagonizado por 4 magos: o Mago Iago (monfortino de 9 anos de idade que estuda no colexio dos Escolapios), o Mago Rafa (natural de Lugo), Dani Polo (nado en Melide) e Pedro Bugarín (de orixe coruñés).

Este evento está organizado e patrocinado polo concello de Monforte, e conta co apoio do Agadic  e da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Está incluído no ciclo Cultura no Camiño 2022.