Skip to main content
Monforte

O municipio de Monforte de Lemos celebra hoxe o día da súa Patroa

Por 15 Agosto, 2022Agosto 16th, 2022Sin comentarios

Actividades para nenos, actuacións de grupos e concertos enchen estes días as rúas de Monforte na celebración das súas festas patronais.

Hoxe 15 de agosto, o municipio monfortino celebra o Día da súa Patroa. Os actos comezarán ás 10.00 horas co lanzamento de bombas de palenque anunciando o día grande das festas e a posterior celebración na praza de San Antonio.

Ás 11.00 horas celebrarase unha misa e ofrenda floral á Virxe de Montserrat na igrexa A Régoa e terán lugar as alboradas do grupo de gaiteiros na praza de España.

Ás 13.00 horas desenvolverase a concentración de grupos tradicionais nas rúas do municipio e xa pola tarde-noite, a iso das 20.15 será a quenda dun pasarrúas que sairá dende o campo da Compañia.

A Mostra de Danza e Música Tradicional comezará na praza de España ás 20.30 hora e xa ás 23.00 horas a orquestra Costa Dorada amenizará a noite.

Ás 23.30 horas as barcas engalanadas percorrerán o malecón do Río Cabe, ás 00.00 lanzaranse os fogos artificiais e ás 00.30 horas dará comezo o concerto de Ana Mena.

Xa para maña martes 16 de agosto, está previsto a celebración do VII Festival Cómico A Rúa é Vosa (con acrobacias e espectáculo de clown a cargo de  Avela Circo) na praza de España ás 13.00 horas e a batucada co grupo Baturruca que amenizará as rúas polo centro de Monforte.

Un novo pase do VII Festival Cómico A Rúa é Vosa terá lugar de novo ás 19.00 horas e ás 20.00 horas, incluirase unha actuación de circo acrobático a cargo de  SU.MA na praza de España

As 20.30 horas será a quenda de novo do grupo Baturruca, ás 21.30 intervirá a banda de acordeóns O Folión na praza de España e o concerto de Mago de Oz será ás 21.30 horas no campo da Compañía.

A noite estará amenizada a partir das 23.00 horas pola orquestra Acordes na praza da Compañía e ás 00.00 lanzaranse fogos artificiais de auga no paseo do Malecón.