O concello de Monforte de Lemos ten programadas para maña mércores 24 as actuacións de Penny Lane e Movilla y los Irrepetibles na Zona Compañía dentro do ciclo Grupos de Monforte, Concertos na rúa.
O primeiro dos concertos terá lugar ás 22.30 horas mentres que o segundo, desenvolverase a partir das 00.00 horas. Agárdase unha moi boa acollida.
