Skip to main content
Monforte

Rematan os traballos de protección á fauna piscícola durante a execución das obras na Pinguela

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), finaliza os traballos de protección e traslado da fauna piscícola, troitas sobre todo, ademais de outras especies presentes no río Cabe ao seu paso polo casco urbano de Monforte de Lemos  (Lugo), traballos previos a retomar as obras de acondicionamento e mellora de A Pinguela.

Obras situadas na Rede Natura e autorizadas e supervisadas pola DX Patrimonio Natural da Xunta, administración responsable da conservación da natureza, o que implica un seguimento exhaustivo por parte dos axentes do servizo provincial.

Neste senso, o Servizo de Conservación de Lugo está en permanente supervisión e marca as pautas a seguir. O pasado martes indicaron que era necesario proceder á retirada das troitas e outras especies no tramo da actuación no río Cabe utilizando técnicas non invasivas, ao detectar a presenza de 11 troitas e un cangrexo de río mortos.

Procedeuse á contratación dunha empresa especializada de Oviedo, logo de establecer contacto con máis de 15 empresas. Espérase que os traballos concluíran xa e se retomen as obras á maior brevidade, nas que as que o Estado, a través da CHMS,  investirá máis de 600.000 euros.

“Hoxe apareceron 8 troitas mortas máis durante os labores de traslado, á finalización das obras está prevista unha solta de alevins para manter ás especies habituais do río Cabe”, concluíu Quiroga, presidente do organismo.