Skip to main content
Monforte

Entrega de premios aos participantes do Torneo de Volei Praia do Cuadrado en Monforte

Por 29 Agosto, 2022Sin comentarios

Monforte acolle a entrega de premios e trofeos da doceava edición do Torneo de Volei Praia do Cadrado, na que participaron o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, o de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón.

O torneo disputouse no Parque dos Condes entre o sábado 20 e onte domingo 28 de agosto,  batendo récord de participación con 163 parellas inscritas, o que suporá un total de 346 partidos ó longo dos 9 días de duración do torneo. E os participantes anotados foron dende os 9 ata os 62 anos de idade.

A asignación municipal para cubrir estes gastos comentados polo rexedor monfortino é de 4.550 euros, e nela incluíronse os custos da instalación dos campos de xogo así como da dotación do material necesario para a disputa dos partidos: postes, redes, cadeiras de arbitraxe, valos ou liñas de marca de delimitación dos campos. Da mesma forma, o concello de Monforte tamén aportou o subministro de trofeos e medallas, así como dúas casetas de obra para a almacenaxe de material e tres carpas para a zona de organización do evento.

A relación de participantes premiados é a seguinte:

SUB 12

1 – Paula, Aina e Angie

2 – Candela, Alma e Irene

3 – Clara, Ángela e Uxía

SUB 15

1- Pena e Izan

2- Uxía e Olivia

3 – Dalox e Borja

SUB 19

Masculino

1 – Cota e Óscar

2 – Anier e Borja

3 – Robredo e Rodrigo

SUB 19

Feminino

1 – Carla e Carol

2 – Uxía e Jessica

3 – Luzía e Candela

SUB 18

Mixto

1 – Luis e Uxía

2 – Marcos e Jessica

3 – Izan e Olivia

Feminino

1 – Carla e Uxía

2 – Jana e Xiana

3 – Esther y Alicia

Masculino

1 – David e Javi

2 – Cota e Óscar

3 – Jaime e Dani

Mixto

1 – Marcos e Uxía

2 – Xiana e Jaime

3 – Candela e Izan

Súper 80

1 – Ana e María

2 – Juan e Miguel

3 – Ramudo e Núñez

Pais e Fillos

1 – Núñez e Izan

2 – Lucía e Esporas

3 – Valeria e Juan