Skip to main content
Pantón

A música de Xoan Curiel visita maña o concello de Pantón

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

Maña sábado, dentro do programa das actuacións de verán, a figura de Xoan Curiel visita a praza do concello de Pantón para facer as delicias de tódolos asistentes coa súa música.

O concerto de entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 22.00 horas e nel, o músico presentará o seu novo traballo (Treides Comigo!), creado a partir de cantigas medievais compostas por trobadores galegos.

TRAXECTORIA

Xoán Curiel (nado en Fonsagrada no ano 1975) é un artista que destaca pola súa creatividade e prolífica obra dentro do panorama musical galego. Cantante, compositor, músico, actor e director, desenvolve a súa carreira en Santiago de Compostela dende hai vinte anos.

Camiña de disco en disco mudando de pel sen saber que cor vai ter o seguinte traballo, sempre experimentando con novas sonoridades, cores e ritmos. Como artista independente ten por bandeira a liberdade creativa e a evolución constante na artesanía da súa labor.

Ao longo destes anos, Xoán participou en diferentes espectáculos e festivais principalmente ligados á lusofonía e á música de autor. E as súas cancións téñense traducido e cantado en lingua castelá, en portugués (de Portugal e de Brasil), en alemán e en Inglés (dos EEUU).

Agora, presenta Treides Comigo!, un traballo de madurez no que conta con colaboracións e músicos extraordinarios.