Skip to main content
A Pobra do Brollón

Salcedo celebra as súas festas patronais

Por 29 Agosto, 2022Agosto 30th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Salcedo, no municipio de A Pobra do Brollón, está  en festas dende maña martes 30 de agosto ao xoves 1 de setembro.

O primeiro día, maña, os asistentes poderán desfrutar de verbena na explanada do multiusos co Dúo Estrellas.

O mércores 31 haberá pasarrúas con charanga TDB ás 10.00 horas, misa solemne e sesión vermú coa charanga TDB ás 13.30 horas e xa pola noite, ás 21.30 horas, festa coa orquestra Miramar.

O xoves 1 de setembro será a quenda do grupo rexional Brabán cun pasarrúas, ás 13.00 horas misa solemne e sesión vermú co grupo Brabán de novo e ás 21.30 horas cea con costela ao forno e pementos de padrón gratis, e posterior festa co dúo Explosión.