Skip to main content
A Pobra do Brollón

A banda compostelá Hainas leva a súa música a Pobra do Brollón

Por 31 Agosto, 2022Setembro 1st, 2022Sin comentarios

O concello da Pobra do Brollón, dentro do programa de concertos de verán nas terrazas, bares e restaurantes do municipio Cos Pés na Terraza, acolle o venres 2 de setembro ás 20.30 horas da noite a actuación de Hainas.

Será na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa e despois do concerto haberá máis música con sesión DJ.

Hainas é unha banda compostelá que percorre diferentes estilos como o soul, funky, swing e r&b. Está liderada por Andrea Pérez e Bea Mazaira, que anteriormente tocaron xuntas nas bandas The Soul Breakers e Betty and the amish.

A entrada a tódolos concertos do ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ é libre e gratuíta. O seguintes concertos serán de Carta de Ajuste o 9 de setembro e Néstor Pardo o martes día 16.