Skip to main content
Quiroga

Quiroga celebra maña a súa XXXI Feira Mercado e Mostra do Mel

Por 9 Agosto, 2022Sin comentarios

O municipio de Quiroga acolle maña 10 de agosto, unha edición máis da Mostra do Mel de Quiroga.

O sorteo dos postos de venda e a entrega de credenciais aos apicultores e participantes realizarase hoxe ás 20.30 horas na Casa da Cultura. E xa maña, mércores 10 de agosto ás 11.00 horas producirase a apertura do recinto feiral.

Durante toda a maña terá lugar a venda e a exposición de mel e de produtos típicos da zona e os asistentes poderán bailar a ritmo da charanga “Lou Band”.

APICULTORES PARTICIPANTES

Entre os apicultores que participarán na mostra están Manuel Macía González (As Estradas), Mª Carmen Macía Fernández (Quiroga), Rubén Figueroa López (Sequeiros), Caurelor (Quiroga) e Ángel Gómez Martínez (Paradapiñol).