Skip to main content
Folgoso do CourelQuirogaRibas de Sil

A VII concentración mototurística A Curuxa percorrerá varios concellos da Ribeira Sacra

Por 25 Agosto, 2022Sin comentarios

A Casa Consistorial acolle a presentación da Concentración Mototurística A Curuxa que pasará polos municipios de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel os días 26, 27 e 28 de agosto.

Na presentación participa o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa, quen agradece en nome do concello de Quiroga o esforzo organizativo do moto club local co que colaboran apoiando o evento na parte loxística.

O presidente do club a Curuxa, Miguel Garrido, presenta a concentración como “a máis dura para a súa organización, diferente a de anos anteriores na que destaca a ruta na que os participantes teñen que buscar os puntos aos que  chegar e as dúas exhibicións Stunt Show, con Narcís Roca e Emilio Zamora, especialistas no mundo do espectáculo”.

Están previstas varias rutas, actividades para os mais pequenos e un concurso fotográfico que completarán o programa organizado para os amantes das dúas rodas. Espérase unha moi boa acollida da concentración, coa chegada de persoas dende moitos puntos do España e tamén dende Portugal.

PROGRAMA ACTIVIDADES

VENRES 26

17.30 horas – Apertura de inscrición

18.00 a 19.30 horas – Ludoteca

21.15 horas – Ruta de pinchos noctura

23.00 horas – Pacetada con sesión DJ

00.00 horas – Pregón a cargo de Sergio Delpont e concerto de Soul and Roll

01.00 horas – Queimada

02.30 horas- Sesión DJ

03.30 horas- Chorizada no pub Ruxe Ruxe

SÁBADO 27

09.30 horas – Desayuno e apertura de inscricións

11.00 horas – Ruta libre con puntos de control

13.00 horas – Pinchos nas piscinas municipais de San Xoán de Río

15.00 horas – Paella no recinto

17.30 horas – Minicuruxa GP competición con correpasillos

18.00 a 19.30 horas – Ludoteca

18.30 horas – A Curuxa GP competición con minimotos

20.00 horas – Dobre Stunt Show e ao rematar, sorteo dunha minimoto

22.00 horas – Sesión DJ Cadáver

22.15 horas – Cena no recinto

00.00 horas – Gran concerto de Gin Toni´s e no descanso, Premios I Concurso Fotográfico de Xeoturismo “Montañas do Courel”

03.00 horas – Sesión co DJ Cadáver

DOMINGO 28

09.00 horas – Desayuno na Praza do Concello de Ribas de Sil

10.30 horas – Visita aos geomiradores de Ribas de Sil

12.30 horas – Pinchos en Mesón Luis (Rairós)

13.30 horas – Alborada motera e sesión vermú co grupo O Recanto e pinchos de fin de concentración

15.00 horas – Entrega de premios, sorteos e despedida