Skip to main content
O Saviñao

Mircromina Títeres presenta “Vacacións no Mar” no Círculo Saviñao

Por 3 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

Chega ao municipio de O Saviñao a obra de teatro “Vacacións no mar”, maña ás 20.00 horas para tódolos públicos.

A obra “Vacacións no mar” da compañía Mircromina, achega o teatro de títeres de luva e silueta co tradicional estilo da cachiporra.

A exhibición terá lugar en exterior e interior e durará aproximadamente 45 min.

É unha montaxe propia da compañía, cuxos directores son Zoila Gulín e Ton Arenas e o titiriteiro é Ton Arenas. O espazo sonoro e a música corre a cargo de Zoila Gulín, Rimski, Kibitca e Falsario.

SINOPSE

Na repreasentación, Marina é unha nena á que lle encantaría viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro “Ovos con patacas”, pero nun descoido o pirata Ollo Virollo toma prestada a súa nave para botarse ao mar. Tras esta trepidante trama de acción… cumprirá finalmente Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

Un espectáculo de títeres de luva, no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra tan eficaz dramáticamente, cuns caracteres e aconteceres renovados para o público de hoxe en día. Desta forma, cun eficaz e sinxelo guión, uns personaxes de marcado carácter e un ritmo trepidante, Mircromina fai a súa contribución a renovación deste xénero dramático e o desfrute de tódolos públicos.

Mircromina ofrece acción trepidante, aventuras e moita interacción co público.