Skip to main content
O Saviñao

Ecoloxistas e activistas animais piden a suspensión da carreira de burros das festas de O Saviñao

Por 8 Agosto, 2022Agosto 9th, 2022Sin comentarios

Ecoloxistas en Acción Galiza y el colectivo Activistas Galegas Antiespecistas (AGA) instan ao concello de O Saviñao a realizar unhas festas sen maltrato animal.

Para isto, Ecoloxistas en Acción Galiza e o colectivo AGA entregaron por rexistro un comunicado no que solicitaron ao concello e ao seu alcalde, Juan Carlos Armesto Quiroga, a suspensión da carreira de burros programada para maña martes 9 de agosto ás 12.00 horas, por considerar que é un evento que promove o maltrato animal.

As carreiras de burros hoxe en día teñen un gran rexeitamento social xa que, os burros asustados son obrigados a correr, rodeados dunha multitude que grita, cargando nos seus lombos a unha persoa. Ditas competicións obrigan aos animais a moverse cunha velocidade non habitual, sen importar o estres, os danos físicos que se lles poidan producir e co único obxecto de divertir ao público presente. Ademais, son empuxados, zarandeados, golpeados e humillados, presentando un cadro de angustia e terror.

Hai probas clínicas que afirman que o animal sofre danos psicolóxicos e físicos. A revisión veterinaria e a análise dos burros empregados en anos anteriores en eventos similares como o Festival do Peropalo en Vilanova da Vera, confirmaron danos metabólicos e ruptura muscular. Os burros son moi vulnerables ao estres e este pode causarlles hiperlipemia e a súa morte en menos de 48 horas. Ademais, en plena vaga de calor, un veterinario con ética e coñecementos non permitiría que se sometera a estes animais a tal esforzo físico, que os levaría á morte por golpe de calor.

Moitos cidadáns galegos senten auténtica vergoña de que estas carreiras sigan permitíndose en Galicia amparadas na “tradición” e, por todo isto instan a que se suspenda esta actividade e que os responsables da organización destes festexos asuman que hai moitas formas de divertir aos veciños e veciñas de O Saviñao, sen usar aos animais.

Piden ao concello de O Saviñao e ao seu alcalde, Juan Carlos Armesto Quiroga, que realicen unhas festas libres de sufrimento animal e solicitan pronta resposta a esta petición xa que son moitas as voces que se alzaron solicitando que se fagan unhas festas que non inclúan o maltrato animal como atracción principal.

Solicitouse ademais ao Colexio de Veterinarios de Lugo que se pronuncie fronte a este tema.