Skip to main content
O Incio

O Incio levará a cabo un ano máis un obradoiro para o acondicionamento de zonas verdes e xardíns

Por 10 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

Este obradoiro de emprego da Xunta de Galicia que compartirá con A Pobra do Brollón e Bóveda, instruirá a un total de vinte alumnos-traballadores encargados de adecuar espazos verdes.

O concello de O Incio contará con sete destes alumnos que durante un ano poderán formarse na especialidade de instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes.

O obradoiro que arrincará no mes de setembro, dará continuidade ao que se desenvolveu este ano no municipio, cunha duración de nove meses, e que tamén foi compartido con A Pobra do Brollón e Bóveda.

Os participantes terán formación teórica e práctica, recibindo ao finalizar un certificado de profesionalidade. Os alumnos encargaranse do mantemento das zonas verdes nas que xa actuou o anterior obradoiro (dende as áreas recreativas de Saa ou A Fervenza, pasando polo campo de fútbol, os xardíns da capitalidade municipal ou o núcleo de A Ferrería).

Nesta ocasión o concello de A Pobra do Brollón é o promotor do obradoiro, para o que se dispón dunha subvención de máis de 500.000 euros aportada pola consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

Trátase do terceiro ano consecutivo no que os tres concellos comparten obradoiro. Nos anteriores tamén se formaron en xardinería, así coma en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

Para que este poida dar comezo, falta por realizar non só a selección dos vinte alumnos senón tamén do director, os monitores e o administrativo correspondente que o xestione.