Skip to main content
Samos

A Deputación apoia a Feira de Artesanía e Produtos Naturais de Samos cunha achega de 4.600 euros

Por 19 Agosto, 2022Agosto 20th, 2022Sin comentarios

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistie á décimo cuarta edición da Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte Lóuzara, no concello de Samos.

A Deputación de Lugo achega a esta cita, que busca dinamizar a vida social e económica do municipio, 4.600 euros a través do Plan Único de Cooperación cos concellos. Na visita, na que percorreron algúns dos postos da feira con produtos tradicionais e naturais, Rivera Capón estivo acompañado de Julio Gallego Moure, alcalde de Samos.