Skip to main content
O Incio

Festas na honra a Santa Cruz en Vilasouto, no concello de O Incio

Por 1 Agosto, 2022Sin comentarios

A parroquia de Vilasouto, no municipio sarriano de O Incio, celebra os días 2, 3 e 4 de agosto as súas festas patronais na honra á Virxe da Santa Cruz.

Os asistentes poderán desfrutar maña día 2 dunha queimada e pancetada amenizada por un grupo musical a partir das 22.00 horas.

O mércores 3 haberá misa solemne cantada polo grupo Sarricanta na honra á virxe, ás 13.00 horas. E posteriormente a sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave. Xa pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra Cinema e Punto Clave de novo.

O derradeiro día, o xoves 4 de agosto, tamén haberá misa solemne ás 13.00 horas e sesión vermú a cargo de Intervalo. Pola noite, participarán na verbena a orquestra Gran Parada e Intervalo.