Skip to main content
O Incio

O Incio e Andúxar, dous concellos unidos pola figura de San Eufrasio

Por 2 Agosto, 2022Agosto 3rd, 2022Sin comentarios

Arredor de 100 mozos procedentes de Xaén visitaron o concello e acudiron a unha misa na parroquia de Santa María de Val de Mao, no Incio

O irmandamento entre estes dous concellos, producíase a mediados da década dos 90 pero non foi ata o de agora, cando retomaron o contacto grazas a unha misa celebrada no lugar onde se atopa o santuario cos restos do varón apostólico San Eufrasio, e onde estiveron presentes arredor de 100 mozos e mozas.

A visita levouse a cabo a raíz da Peregrinación Europea dos Mozos (PEI), na que a diócese de Xaén está presente. Ao igual que o resto de organizacións relixiosas participantes no evento, que decidiron realizar o Camiño e aproveitar para achegarse a O Incio para que a expedición coñecera o lugar co que gardan esa estreita relación relixiosa.

Os xienenses chegaron primeiro ao concello de Samos, onde visitaron o mosteiro, e posteriormente trasladáronse ata O Incio para pasar a noite no pavillón do concello. Ao día seguinte continuaron a andaina cara Santiago de Compostela. Unha vez rematado o Camiño, teñen previsto prolongar a súa estadía na comunidade durante cinco días máis.

OS COMEZOS

A relación que manteñen o concello de O Incio e Andúxar remóntase ao século VIII. Os restos de San Eufrasio, tras ser decapitado na cidade andaluza, chegaron ata os monxes do mosteiro de Samos e estes, ao considerar Val do Mao como un lugar máis seguro, depositárono definitivamente na parroquia.

A mediados da década de 1990 foi cando se produxo o primeiro achegamento institucional entre ambos municipios, que os levou á irmandade. A partir de aí, a amizade de ambos territorios derivou en visitas e intercambios de representantes políticos e da Irmandade de San Eufrasio de Xaén.

Ademáis, veciños incienses tamén se desprazaron ata a cidade andaluza e expedicións procedentes de Andúxar acudiron ao Val do Mao.

En maio de 2018, O Incio e Andúxar volveron ter un achegamento para retomar o irmandamento xa que, por aquel entón, esta relación de afecto estaba preto de cumprir un cuarto de século.