Skip to main content
O Incio

Grandes festas patronais na parroquia de Val do Incio

Por 24 Agosto, 2022Agosto 25th, 2022Sin comentarios

Os días venres, sábado e domingo desta semana, a parroquia de Val do Incio celebra as súas festas.

O día 26 haberá pancetada, queimada popular e verbena amenizada polo Trío Sintonía.

O día 27 ás 13.00 horas os asistentes poderán acudir a unha misa solemne con procesión e sesión vermú co Trío Rosel. Xa pola noite a festa correrá a cargo do mesmo trío.

E para o domingo 28, haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo do solista Paco da Ferrería. Quen tamén amenizará a noite coa súa actuación a partir das 20.00 horas.