Skip to main content
O Incio

As vantaxes do ecolóxico chegan ao Incio coa compra dun vehículo respectuoso co medio ambiente

Por 29 Agosto, 2022Sin comentarios

O concello do Incio destinará preto de 40.000 euros á adquisición dun vehículo ecolóxico con distintivo ambiental que se empregara fundamentalmente para actividades de xardinería e outras relacionadas co medio ambiente como a supervisión da calidade das augas e conservación e protección de recursos naturais, o patrimonio histórico ou cultural ou a biodiversidade.

A compra do automóbil estará financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e polo concello do Incio.

AUTOMÓBIL ECOLÓXICO

Entre as características principais deste novo vehículo que vén de adquirir o concello do Incio, destaca que entre o motor e a súa enerxía de propulsión, adoita emitir menos de 120 gramos de dióxido de carbono (CO2) por cada 100 quilómetros percorridos.

Para ter a etiqueta de vehículo ecolóxico, este ten que estar fabricado minimamente cun 5% de materias plásticas provenientes da reciclaxe e ademais, que o 95% da masa do coche poida ser reutilizable para fabricar outros vehículos.