Skip to main content
Láncara

A música celta chega a Pobra de San Xiao o vindeiro día 27 da man do grupo Luar na Lubre

Por 5 Agosto, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

A localidade de A Pobra de San Xiao, no municipio de Láncara, poderá desfrutar da música de Luar na Lubre grazas a unha actuación organizada pola área de cultura do concello, que terá lugar o vindeiro sábado 27 ás 22.30 horas na praza dos Labregos.

O grupo, considerado como un dos maiores representantes da cultura folk de Galicia, pode presumir de levar máis de tres décadas en activo, cun total de 19 discos publicados e ata 40 países percorridos grazas a tódalas súas xiras.

ORIXES

No ano 1985 nace Luar na Lubre na cidade de A Coruña converténdose co paso dos anos nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita en Galicia.

Partindo da enriquecedora cultura galega, Luar na Lubre inspira o seu proxecto nas músicas tradicionais, entroncándose nas correntes da música folk europea e, en particular, na órbita das denominadas músicas atlánticas ou célticas.

Dende o seu nacemento o proxecto Luar na Lubre baseouse nas músicas de raíz galega polo que han dedicaron especial atención ao estudo dos diferentes cancioneiros galegos tanto da tradición como da lírica medieval.  Así mesmo, os traballos de campo e recolleita proporcionaron un valioso fondo documental así como un importante coñecemento da realidade musical galega que tamén se revela determinante nas súas composicións propias.