Skip to main content
Láncara

A festa da xuventude chega maña a Láncara cunha morea de actividades para os cativos

Por 18 Agosto, 2022Agosto 19th, 2022Sin comentarios

O concello de Láncara acolle a festa da xuventude con eventos para tódalas idades. Maña día 19 ás 18.00 horas terán lugar na praia fluvial da Pobra de San Xiao xogos para nenos, un ciclo de cancións infantís en galego e a Bibliodiscoteca.

A partir das 23.00 horas na praza dos Labradores, os asistentes poderán desfrutar das actuacións do Grupo Beatriz e Punto Clave.