Skip to main content
Láncara

A música de Luar na Lubre chega a Láncara este sábado

Por 25 Agosto, 2022Sin comentarios

A Pobra de San Xiao, pertencente ao concello de Láncara, acolle este sábado unha actuación do grupo galego Luar na Lubre. O concerto terá lugar a partir das 22.30 horas na praza dos Labradores.

ORIXES

No ano 1985 nace Luar na Lubre na cidade de A Coruña converténdose co paso dos anos nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita en Galicia.

Partindo da enriquecedora cultura galega, Luar na Lubre inspira o seu proxecto nas músicas tradicionais, entroncándose nas correntes da música folk europea e, en particular, na órbita das denominadas músicas atlánticas ou célticas.

Dende o seu nacemento o proxecto Luar na Lubre baseouse nas músicas de raíz galega polo que han dedicaron especial atención ao estudo dos diferentes cancioneiros galegos tanto da tradición como da lírica medieval.  Así mesmo, os traballos de campo e recolleita proporcionaron un valioso fondo documental así como un importante coñecemento da realidade musical galega que tamén se revela determinante nas súas composicións propias.