Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela continúa coas actividades de verán: escapadas á praia

Por 3 Agosto, 2022Agosto 5th, 2022Sin comentarios

O concello de Paradela continúa co programa de actividades para este verán e faino organizando catro viaxes á praia durante todo este mes de agosto.

O primeiro deles producirase este xoves día 4 e será a Boiro. Posteriormente o 11 haberá unha viaxe a Ares, o xoves 18 a Viveiro e finalmente, o 25 rematarán as actividades cun desprazamento a Foz.

Tódalas saídas serán ás 09.00 horas diante do mercado gandeiro, a excepción da viaxe deste xoves a Boiro que será ás 08.00 horas.

O prezo varía en función da idade e o lugar de residencia. As persoas de 14 anos ou menos empadroadas no concello poderán viaxar gratis, mentres que os maiores desta idade pagarán 7 euros.

As persoas menores de 15 anos e non empadroadas en Paradela, terán que abonar 6 euros, e a cota a partir dos 14 anos será de 12 euros.

A actividade non inclúe a comida e, durante a viaxe en autobús, o uso da máscara será obrigatorio.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse no consistorio ou a través do seguinte teléfono 982 541 101. A inscrición terá que realizarse antes das 14.00 horas do día anterior á viaxe.