Skip to main content
Paradela

Paradela toma medidas fronte á escaseza de auga

Por 31 Agosto, 2022Setembro 1st, 2022Sin comentarios

O alcalde do concello de Paradela, José Manuel Mato Díaz, busca a colaboración de tódolos veciños fronte a seca que está a sufrir a zona.

Acompañado doutros membros do equipo de goberno, vén de realizar un comunicado no que recoñece que “debido á falta de choivas nos últimos meses a reserva de auga é cada vez menor polo que, de acordo co establecido dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, pedimos que se tomen as seguintes medidas: aforrar no uso da auga en destinos non prioritarios como o baldeo de rúas ou o lavado de vehículos, reducir o uso do lavalouzas e a lavadora (poñelo a funcionar só cando estea cheo), empregar a ducha en lugar da bañeira e reducir os tempos, revisar posibles fugas na instalación,

colocar atomizadores ou redutores nas billas, pechar a chave mentres lavamos os dentes e usar un vaso para enxaugar, empregar cubos de auga para limpar en lugar de mangueiras, pedimos ás explotacións gandeiras e industriais que fagan uso soamente da auga cando sexa estritamente necesario e que aquela auga que non se use, non se deixe correr”, declara Mato Díaz.

“Pedimos dende aquí a colaboración de toda a poboación para o logro dun aforro no consumo de auga que redundará no beneficio de todos”, afirma o rexedor de Paradela.