Skip to main content
O Páramo

O Páramo reacondicionará a pista que percorre Gondrame, Ribas de Miño e Grallás

Por 2 Agosto, 2022Agosto 3rd, 2022Sin comentarios

O concello de O Páramo destina un orzamento de máis de 6.000 euros para o reacondicionamento dunha pista que pasa polas parroquias de Gondrame, Ribas de Miño e Grallás.

A mellora deste vial municipal, que da acceso a fincas agrícolas, arrinca na estrada LU-613 para posteriormente continuar cara o núcleo de Grallás. O camiño presenta danos ocasionados principalmente polo tráfico e as condicións meteorolóxicas, segundo recolle o proxecto. A pista carece dun pavimento con regularidade superficial e sofre pérdidas de material nalgúns puntos.

As obras, que afectarán a un total de 1.360 metros, centraránse na limpeza das cunetas, na aplicación dunha capa firme de aglomerado

en quente e no pintado da vía. Pertencen a un plan de mellora de camiños municipais correspondente ao período 2022-2023, impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), organismo dependente da Xunta de Galicia.

Os traballos contan cun plazo de execución de tres meses e terán que estar rematadas por completo para o 15 de maio de 2023.

As empresas interesadas, poden presentar as súas ofertas ata as 15.00 horas do 9 de agosto a través do rexistro do concello.