Skip to main content
O Páramo

O Páramo acondiciona a estrada LU-P-4304 cunha achega da Deputación

Por 13 Agosto, 2022Agosto 24th, 2022Sin comentarios

O concello do Páramo está a desenvolver estes días traballos de acondicionamento e mellora da súa estrada provincial LU-P-4304, que conecta o municipio coa Pobra de San Xiao.

Este proxecto que supón a continuación das obras levadas a cabo durante o mes de marzo no campo da feira, viu incrementado o seu orzamento inicial ata os 355.000 euros actuais, fondos que proveñen da participación directa da Deputación de Lugo no plan.

Ata o de agora, os traballos céntranse fundamentalmente nos puntos quilométricos 5,2 e 5,4 así coma no treito antigo da LU-P-2904 cuxo asfalto estaba en moi mal estado.

Estase a realizar o aglomerado en quente destas zonas e está prevista a construción de beirarrúas de formigón e a renovación das redes de abastecemento de augas entre outros traballos.