Skip to main content
Samos

Os nacionalistas de Samos instan ao concello a acondicionar o entorno da capela do Ciprés

Por 5 Agosto, 2022Sin comentarios

A formación tamén solicita o arranxamento da estrada que va a Foxos, pois o seu estado dificulta a circulación de bicicletas

O grupo municipal do BNG de Samos, demanda a limpeza da zona da capela do Ciprés, asunto que levarán hoxe ao pleno a través dun rogo.

Expoñen que o entorno non se atopa nun estado axeitado, posto que existen puntos onde hai trazos de madeira tirados polo chan e dificultan o tránsito pola senda dando unha mala imaxe do municipio. Ademais, a formación solicita ao equipo de goberno que retire a árbore que se atopa caída na entrada do recinto e que repare a superficie que cobre o mesmo.

Nun segundo rogo, os nacionalistas expoñerán a necesidade de arranxar a estrada que une a capital do concello co núcleo de Foxos. Segundo indican, existe unha acumulación de pedras e rochas na saída de Samos que o converten nun tramo dificultoso para as bicicletas que o transitan. Lembran que o número de ciclistas é moi elevado na zona posto que é un punto clave da ruta do Camiño Francés.

O BNG tamén levará ao pleno unha moción reclamando diversas medidas para a mellora da prevención e extinción de incendios forestais. Entre as súas peticións está que se instalen hidrantes de auga nos pobos con traída, ademais de valorar a construción de depósitos. Tamén piden mellorar o sistema de contratación de brigadistas e condutores de motobomba para que poidan realizar labores de prevención e estar traballando xa a comezos do verán.