Skip to main content
Sarria

O concello de Sarria mellora as condicións das infraestruturas no rural

Por 1 Agosto, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

Cun orzamento que supera os 100.000 euros, o obxectivo principal é acondicionar catro pistas, varias estradas e camiños, de forma que se facilite e o acceso aos distintos municipios.

Estas obras de reacondicionamento de catro pistas municipais, para as que se destinarán un total de 117.000 euros, están enmarcadas dentro do plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas dos anos 2022-2023. Parte destes fondos proceden da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Cun prazo máximo de execución de 30 días naturais, o concello de Sarria priorizará a limpeza de cunetas (axudándose do uso de motoniveladoras e da aplicación de distintas capas de materiais co fin de evitar o excesivo deterioro das estradas). Para isto, substituirase o doble rego asfáltico previsto no proxecto inicial por un triple máis resistente.

As catro pistas nas que terán lugar as obras, serán as que dan acceso ao municipio. En concreto a que une a parroquia de Cedrón co cruce da pista a Vilarmaior (na entrada a Perros), a vía que comunica co núcleo de Castelo de Loureiro e, finalmente, o camiño que conecta coa parroquia de Goimil.

Segundo indica o concello, a licitación destas obras cumpre co obxectivo de mellorar as condicións das infraestruturas do rural, como é o caso das estradas e camiños, facilitando a vertebración e o acceso aos municipios. Ademais, tamén se busca favorecer o tránsito de maquinaria agrícola ás explotacións agrarias, para poder lograr “unha maior axilidade nas operacións e na redución dos custos e do tempo necesarios para poñer os produtos no mercado”, apuntan.