
O CB Sarria de Baloncesto segue de noraboa, e é que o seu adestrador Adrián López Armesto, vén de ser designado Seleccionador Galego de Minibasket Feminino.
Adrián López Armesto é toda unha institución no baloncesto local, á par que home multifunción no seu club, ao que leva vencellado dende os 12 anos. Foi alí onde arrincou a súa traxectoria como xogador de baloncesto, deporte que agora xa non practica oficialmente pero si ensina as mellores tácticas a nenos e nenas.