Skip to main content
Sarria

O estado das árbores nas ribeiras dos ríos, baixo o punto de mira do PP de Sarria

Por 4 Agosto, 2022Sin comentarios

O grupo municipal do PP amosa a súa preocupación polo estado das ribeiras dos ríos, nos tramos urbanos do municipio de Sarria. Tanto é así que manifestan o seu descontento e piden ao concello que se revise o seu estado e que se mellore a súa conservación.

O partido lembra que no é a primeira vez que a caída de varios exemplares provoca danos materiais, e buscan previr isto antes de que os danos sexan maiores. É o caso por exemplo da árbore que está caendo en pleno paseo de O Chanto, unha zona de paso de nenos e maiores.

Xa a comezos de maio o partido fixo a súa correspondente reclamación e pedía que se revisasen de forma urxente as ribeiras dos ríos Sarria e Celeiro  para comprobar o estado dos exemplares, e foi entón, no prazo dunha semana cando caeron as árbores. Por iso mesmo e para evitar males maiores, propoñen de novo a toma cartas no asunto.