Skip to main content
Sarria

Cursos de iniciación para adestradores da tempada 2022 – 2023 en Sarria

Por 8 Agosto, 2022Agosto 10th, 2022Sin comentarios

Véñense de coñecer as primeiras datas no calendario formativo para adestradores na temporada 2022 – 2023.

As Delegación FGB en Arousa e Lugo son as primeiras en establecer as súas convocatorias 22 – 23 nesta área de traballo. Co remate do verán  abrirán os dous primeiros cursos no nivel iniciación, con sede e datas xa marcadas:

Os prazos para a Delegación de Arousa estarán comprendidos entre os días 02, 03 e 04 de setembro e o mesmo sucederá para a Delegación de Lugo que ten a súa sede en Sarria. A formación presencial será os días 02, 03 e 04 de setembro.

En ambos os casos, a formación online comezará unha vez se cumpra a fase presencial.

A normativa completa que especifica ao detalle a carga lectiva e a complementaria para os cursos de adestradores neste estadío de iniciación, poderá consultarse na web www.fegaba.com .

INSCRICIÓN

A inscrición para estas dúas primeiras convocatorias deberá realizarse cumprimentando o formulario online de preinscripción. Unha vez enviado, será preciso remitir vía mail a adestradores@fegaba.com a documentación solicitada que se poderá consultar tamén na súa web.

En ambas as convocatorias o prazo de inscrición rematará o luns 29 de agosto.