Skip to main content
Sarria

O Festival de Narración Oral de Sarria chega de novo ao municipio

Por 8 Agosto, 2022Agosto 9th, 2022Sin comentarios

Unha nova edición de NarraSarria aterra no municipio para fundir narración oral e contacontos. Unha actividade que levará cinco espectáculos diferentes ás rúas da vila durante os días 9, 10, 11 e 12 de agosto. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación do Concello de Sarria.

A sociedade cultural La Unión ou o Parque do Chanto son os espazos onde os máis pequenos e adultos poderán desfrutar de historias e contos da man de profesionais de recoñecido prestixio da narración oral galega como Ángeles Goás, María da Pontracha, Pablísimo ou Ana Carreira.

A apertura de programación producirase maña martes día 9 coa actuación de Ángeles Goás ás 21.00 horas na Sociedade Cultural La Unión. Alí terá lugar a representación de “O medo é libre” dirixido ai público adulto.

O mércores, os asistentes poderán desfrutar de María da Pontracha no mesmo espazo ás 21.00 horas. O xoves será a quenda de Pablísimo no Parque do Chanto con “O paroleiro”, ás 20.00 horas.

Todas as actividades son de balde e non precisan reserva.

E por último, o venres día 12 ás 20.00 horas, tamén no Parque do Chanto, Ana Carreira interpretará para todos os públicos a obra “Na punta da lingua”.