Skip to main content
Sarria

Hoxe remata o festival Sarria&Blues no Camiño

Por 7 Agosto, 2022Agosto 8th, 2022Sin comentarios

O festival, que se prolonga ata o día de hoxe, arrinca coa inauguración dunha exposición de pintura, fotografías e gravados e un concerto dun home orquestra francés.

A localidade de Sarria vénse de converter durante catro días na capital do blues coa celebración do Sarria&Blues no Camiño, que se celebrará ata hoxe domingo.

Esta iniciativa non só é música, senón que tamén da cabida á arte, aos contacontos ou a unha mostra de coche clásicos.

Organizado pola asociación Teixo e o Concello, o evento comezaba na antiga prisión coa proxección dun documental e a inauguración dunha exposición do pintor Pepe Farrés, o escultor e gravador Francisco Poy e o fotógrafo Carles Pericás.

Na mostra, que está aberta durante todo o mes, pódense ver varios gravados do sarriá Francisco Poy que representan o que lle evocan temas de blues e blues rock. Son obras nunha só cor, en distintas tonalidades e nas que o autor traballa con distintas texturas.

Carles Pericás exhibe unha vintena de fotografías de Boa Vista Social Club. O artista conta, ademais, cunha casa móbil coa que percorre localidades e fai retratos. Estes días ubicarase en distintos puntos da vila para tomar fotos a todo o que o desexe.

A exposición complétase con retratos de músicos afroamericanos do pintor Pepe Farrés.

Un dos membros da asociación Teixo, Manolo L. Poy, explica que o evento non ten un escenario central senón que se celebra en distintos espazos para levar a música afroamericana ao maior número de veciños.

Hoxe domingo os asistentes poderán desfrutar dun obradoiro infantil e unha xornada de baile coa participación de Wax & Boogie, Andrea & The Black Cats, Blas Picón e Óscar Rabadán e Bike & Lonesome.