Skip to main content
Sarria

A Xuntanza de Peleriños ofrecerá maña un pasarrúas e unha actuación en Sarria

Por 12 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Peleriños e o concello de Sarria programaron para maña sábado día 13 na praza da Vila a actuación da vixésimo cuarta edición da xuntanza do colectivo.

O evento dará comezo ás 18.30 horas, cun pasarrúas que partirá dende o paseo do Malecón. Máis tarde, ás 19.00 será cando se produza a exhibición a cargo do grupo folclórico Labranza, procedente do municipio de Holguera (Cáceres), que realizará unha mostra de baile. Tras eles, será a quenda da asociación sarriá Peleriños.

Este encontro, que se recupera logo de dous anos de parón pola pandemia, producirase dúas semanas despois de que Peleriños viaxara ata a provincia de Cáceres para actuar no Festival Nacional de Folklore organizado por Labranza. O acto que contou coa colaboración do concello de Holguera, ofreceu un espectáculo no que estivo presente a sección infantil da banda municipal cacereña, tamén denominada Labranza.