Skip to main content
Sarria

Huellas de Sarria en colaboración con Michos de Lugo, organiza un mercado solidario para recadar fondos

Por 12 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

O sábado 20 de agosto, a organización Huellas de Sarria tén pensado realizar un mercado solidario especial, en colaboración coa asociación Michos de Lugo co obxectivo principal de recadar fondos para ambas asociacións.

O mercado realizarase en Sarria, na explanada coa que conta a organización Huellas de Sarria, xusto diante do antigo ambulatorio (edificio no que teñen o seu local habitual de mercado), en horario de 12.00 a 20.00 horas da tarde.

A idea é ter roupa de verán en oferta, con artigos a un euro, ofertas 2×1, merchandaising de ambas asociacións, e tamén, se a reciben a tempo, venderan décimos de lotería de nadal para comezar a repartir sorte entre os veciños e achegados.