Skip to main content
Sarria

Fusión de sons esta noite na rúa Calvo Sotelo, en Sarria

Por 12 Agosto, 2022Agosto 15th, 2022Sin comentarios

Hoxe venres a partir das 23.00 horas, a asociación cultural deportiva e ecolóxica sen ánimo de lucro Buril, organiza a actuación da banda Vircator na rúa Calvo Sotelo, 32 (o acceso será pola travesía mueblenorte, onde se sitúa a asociación sarriá).

A apertura de portas terá lugar ás 22.30 hora malia que o concerto non comezará ata as 23.00 horas.

Os rapaces da asociación Buril volven á carga moi ben acompañados, pola banda de rock experimental Vircator que chega dende Portugal para dalo todo no escenario. O custo da entrada é de 10 euros.

A BANDA

Vircator é unha banda de orixe portuguesa que aterra en España co seu post-rock para presentar o seu derradeiro disco Bootstrap Paradox.

Cos seus sons, buscan crear unha poderosa e emotiva viaxe que leve ao público ao profundo da conciencia humana, equilibrando a calma coas arroutadas momentáneas.

No seu novo disco, Vircator busca acadar un novo nivel, un novo son co engadir máis elementos á fórmula. Buscan un son máis pesado mentres resaltan a dinámica e os momentos interesantes.