Skip to main content
Sarria

Desfruta esta fin de semana en Sarria do Ribela Love&Nature

Por 18 Agosto, 2022Sin comentarios

O municipio de Sarria acolle esta fin de semana o festival Ribela Love&Nature, onde se poderá desfrutar de natureza, música e maxia.

Terá lugar a partir das 13.00 horas na rúa Ribela número 1 e contará cunha morea de concertos e actuacións entre os que se atopan os seguintes artistas: Boyanka Kostova, Pálida, Elba, Babykatze, EQX, Nüca, Mandarines, Hidden Raposo ou Jor Ginho.

Haberá entradas dende os 22 euros. Todos os menores de idade deberán ir acompañados dun tutor legal e os que aínda non teñan cumprido os 12 anos, poderán entrar de balde.

Para ampliar calquera información ou adquirir as entradas, pódese visitar a páxina https://www.eventbrite.com/e/entradas-ribela-lovenature-360294128437