Skip to main content
Sarria

A agrupación Ars Combinatoria organiza este mércores en Sarria un concerto de música antiga

Por 21 Agosto, 2022Agosto 23rd, 2022Sin comentarios

Ars Combinatoria ofrecerá un concertos de música antiga en Sarria e Triacastela, organizado pola mancomunidade de municipios galegos do Camiño Francés.

Terán lugar o día 24 de agosto en Sarria ás 20.00 horas na igrexa de Santa Marina e en Triacastela o día 27 ás 18.00 horas na igrexa de Santiago.

O concerto xirará en torno a unha espléndida época na que, Alfonso X O Sabio, decidiu ser o rei das tres relixións e reuniu na súa corte a un bo número de eruditos dando lugar a un dos momentos culturais más brillantes da Idade Media. Entre outras proezas, soubo alentar aos poetas e xograres para que dedicaran as súas creacións e cantos á vida e milagres da Virxe. Xorden así as Cantigas de Santa María, que constitúen a obra lírica máis importante da música monódica medieval.

Ars Combinatoria, baixo a dirección musical de Canco López, dende o ano 1991 interpreta músicas de tódolos tempos achegándose sempre o máis posible á época que viviron os seus autores. Como un dos grupos de música antiga con maior percorrido do panorama nacional gravou catro albumes dedicados á polifonía hispánica (Musaris).